Concentracións en Galiza para 1° de xuño ás 20'30 horas, en toda Galiza
Galiza por Palestina convoca hoxe, 1° de xuño, ás 20'30 horas, en toda Galiza, concentracións de protesta contra o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza.
Abertas a todos aqueles que condenen a barbarie israelí e queran esixir medidas contundentes contra os asasinos, as concentracións realizaranse diante da casa do concello de cada villa, salvo naqueles lugares onde exista unha convocatoria unitaria previa. As convocatorias ata o momento son:
A Coruña: no Obelisco
Santiago de Compostela: Praza do Toural
Ferrol: diante do edificio da Xunta de Galicia
Pontevedra: Praza da Peregrina
Vigo: diante do MARCO
No hay comentarios:
Publicar un comentario