viernes, enero 09, 2009

Manifestación en Pontevedra de solidariedade con Palestina - sábado día 10 -

MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08
NA PRAZA DA FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.:

PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ.
SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
MANIFESTO UNITARIO

Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente executado.

As entidades convocantes desta manifestación denunciamos este xenocidio, consentido polos gobernos máis poderosos da comunidade internacional.

Por tal motivo, decidímonos a:
  1. Amosar o noso horror diante da acción de Israel e a nosa solidariedade coas víctimas.
  2. Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos, campos e aldeas.
  3. Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.
  4. Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais) que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.
Primeiros asinantes: Amarante, APDR, Asociación Multicultural Sen Fronteiras, Asociación Marroquí de Pontevedra, Briga, CCOO, Comunidade Islámica de Paredes, Comunistas da Galiza (PCPE), CGT, CNT, Galiza por Palestina, NOS UP, UGT, Redes Escarlata, C.S. Revira, Verbo Xido, ……

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Graciñas e parabéns por te decidir a pór no noso idioma tamén as teimas que máis acadan a nosa atención, neste caso, e de urxencia, Palestina.

Coido que de esta vez, os gobernos do €$tado €$pañol e da Comunidade Autónoma, e mesmo os locais municipais, é posible que se sintan un algo máis presionados polas accións populares de protesta polo DELIBERADO CONSENTIMENTO e pola sua DEFENSA DESCARADA DE I$RA€L, o mesmo na europa da U€.

Parabéns.

PATRICIA dijo...

Apoio solidario ao pobo palestino, todos unidos ante esta barbarie.