MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08
NA PRAZA DA FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.:
PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ.
SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
MANIFESTO UNITARIO
NA PRAZA DA FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.:
PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ.
SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
MANIFESTO UNITARIO
Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente executado.
As entidades convocantes desta manifestación denunciamos este xenocidio, consentido polos gobernos máis poderosos da comunidade internacional.
Por tal motivo, decidímonos a:
- Amosar o noso horror diante da acción de Israel e a nosa solidariedade coas víctimas.
- Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos, campos e aldeas.
- Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.
- Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais) que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.
2 comentarios:
Graciñas e parabéns por te decidir a pór no noso idioma tamén as teimas que máis acadan a nosa atención, neste caso, e de urxencia, Palestina.
Coido que de esta vez, os gobernos do €$tado €$pañol e da Comunidade Autónoma, e mesmo os locais municipais, é posible que se sintan un algo máis presionados polas accións populares de protesta polo DELIBERADO CONSENTIMENTO e pola sua DEFENSA DESCARADA DE I$RA€L, o mesmo na europa da U€.
Parabéns.
Apoio solidario ao pobo palestino, todos unidos ante esta barbarie.
Publicar un comentario